Friday 19 de April de 2024

Sadenses convocados por Alternativa demandan ao Goberno central a urxente restauración da Terraza


Veciños e veciñas de Sada participaron esta tarde na concentración convocada por Alternativa dos Veciños para reclamar ao Goberno central a súa urxente reparación. O edificio, un dos grandes símbolos de Sada, atópase nun grave estado de abandono e deterioro desde hai anos sen que a administración central asumise ata o momento as súas obrigas.

Tampouco existe constancia de que por parte do Concello se realizase xestión algunha ao respecto ante o Ministerio. Si se fala de proxectos para mellorar o entorno, pero se continúa a ignorar e esquecer o verdadeiramente importante que é o edificio A Terraza.

Alternativa dos Veciños demanda que o Goberno central actúe e realice as obras de restauración sen máis demoras.